Nova campaña arqueolóxica na necrópole medieval de Cereixa, na Pobra do Brollón | CRTVG

No castro de San Lourenzo de Cereixa, na Pobra do Brollón, deu comezo unha nova campaña arqueolóxica. Nela ampliaranse as escavacións na necrópole onde se localizou o esqueleto medieval de Atilano. Ademais, na contorna das murallas escavarase un lugar coñecido coma o Burato dos Mouros, de onde se sacaron grandes cantidades de escoura de ferro.

Fonte: Nova campaña arqueolóxica na necrópole medieval de Cereixa, na Pobra do Brollón | CRTVG