Descubertas pinturas rupestres prehistóricas no xacemento da Ceadá das Laxes das Chas

Nun abrigo natural, nunha pequena cavidade de bloques e grandes laxes con dominio visual sobre o val que rodea o xacemento do Castelo de Lobarzán/A Ceadá das Laxes das Chas, nos concellos ourensáns de Monterrei e Oímbra, veñen de descubrirse pinturas rupestres da tradición esquemática, realizadas sobre granito, sendo os primeiros motivos en Galicia que se atopan neste tipo de soporte. O achado ten lugar no marco do proxecto de recuperación patrimonial, paisaxística e etnográfica desta área arqueolóxica que está a realizar un equipo de investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo.

Fonte: Descubertas pinturas rupestres prehistóricas no xacemento da Ceadá das Laxes das Chas