“O Baixo Miño acolleu un dos paleolíticos máis africanos que houbo na península”

“Sabemos de onde proceden os primeiros habitantes de Galicia?”. Esa foi a pregunta que lle propuxeron ao arqueólogo e investigador Eduardo Méndez no último vídeo de “Unha cuestión de ciencia” na unidade proposta pola Universidade de Vigo para dar a coñecer os traballos que se realizan na institución e que difunden en redes. Méndez Quintas combina excavacións en Etiopía ou Tanzania con outras nas Gándaras ou no Baixo Miño (Porto Maior nas Neves e O Cabrón en Arbo).

Fonte: “O Baixo Miño acolleu un dos paleolíticos máis africanos que houbo na península”